Home / Series / Hospital Real / Aired Order /

All Seasons

Season 1

  • S01E01 Santiago

    • May 3, 2015
    • Televisión de Galicia

    Olalla Taboada, é unha moza campesiña que atopa un home ferido á beira do Camiño de Santiago. Resulta ser Daniel Álvarez Castro, un mozo compostelán que leva anos estudando e traballando nun hospital de París e que se ve na obriga de regresar á casa por orde de seu pai. É o herdeiro dunha das familias máis senlleiras de Santiago, a dos condes de Bastavales. Os dous mozos namóranse e ela, animada por Daniel, decide viaxar a Santiago para cumprir o seu soño de ser enfermeira do Hospital Real e tamén casar con el.

  • S01E02 O cadáver

    • May 10, 2015
    • Televisión de Galicia

    Tras o asasinato do padre Damián, o doutor Devesa (Antonio Durán “Morris”) decide investigar a morte do capelán Maior apoiado por Daniel (Pedro Freijeiro), que se incorpora ao Hospital Real no medio desta traxedia. Irene Forner de Cienfuegos (María Vázquez), viúva do anterior provedor do Hospital, pasa por unha situación delicada co seu negocio, xa que non está ben visto que unha muller estea á fronte. Irene fai todo o posible para que o administrador do Hospital (Pedro Alonso) continúe solicitando os servizos desa tenda, unhas negociacións que Leopoldo (Francis Lorenzo) non está disposto a admitir e intenta, por todos os medios, levar á ruina o negocio de Irene. A irmá Úrsula (Susana Dans) descobre que o testamento do padre Damián está moi lonxe dos seus intereses. Fai todo o posible para que as últimas vontades do Capelán Maior non saian á luz. A familia Álvarez de Castro deberá solucionar non só os seus problemas económicos, senón tamén os líos amorosos da súa primoxénita, Rebeca (Nerea Barros). Leopoldo (Francis Lorenzo) e Elvira (Sonia Castelo) presionarán a súa filla para impedir que o Capitán Ulloa (Victor Duplá), que mellora no Hospital Real tras a súa ferida de bala, se converta nun problema.

  • S01E03 Cinzas

    • May 17, 2015
    • Televisión de Galicia

    Continúa a vida no Hospital Real despois do incendio que sen querer causou Clara. Tamén continúa o control absoluto do seu funcionamento e do seu persoal por parte da irmá Úrsula. Á monxa non se lle escapa nada e non vai consentir que ninguén a ameace, o seu poder e ambición van máis aló dos muros do hospital. Leopoldo segue coa teima de desfacerse de Irene e de que non sexa ela quen abasteza o hospital, polo que non dubida en utilizar as peores armas dun home. Pero co que non conta Leopoldo é que Irene ten unha aliada. Olalla, continúa a súa formación no hospital á vez que os seus sentimentos polo seu namorado van mudando, non por vontade propia, senón polas circunstancias de Clara, a prometida de Daniel. Doutro lado, Olalla ten un achegamento con Cristóbal, o boticario. A rapaza está preocupada por el, pero Rosalía ve algo distinto neste interese repentino de Olalla polo seu namorado. Rebeca arrepíntese do que lle fixo ao seu capitán, polo que decide fuxir con el. Pero, unha vez máis, Elvira exerce o control sobre a súa filla e non permitirá que sexa feliz.

  • S01E04 O veleno

    • May 31, 2015
    • Televisión de Galicia

    O caldeireiro cae enfermo e todo apunta que foi envelenado, un caso que non está de todo claro, polo que o doutor Devesa decide investigar. Despois de que Clara comprobara que o seu prometido Daniel está namorado doutra, a filla do administrador decide seguir os consellos da súa futura sogra e seducir a Daniel. O matrimonio Álvarez de Castro continúa coas súas particulares vinganzas. Por un lado, está Leopoldo, farto de que Irene lle supoña un problema, e, por outro, Elvira, que tampouco consegue que Rodrigo se esqueza da súa filla. Ambos os dous preparan as súas vinganzas para os seus rivais. A complicidade e a amizade das dúas enfermeiras, Olalla e Rosalía, vaise debilitando pouco a pouco. O motivo: os homes.

  • S01E05 Mutilado

    • June 7, 2015
    • Televisión de Galicia

    Daniel intenta esclarecer o asasinato de seu pai, para o que conta coa axuda e complicidade do doutor Devesa. Pero súa nai, dona Elvira, ten outros plans para el e agora que faleceu ten que ser o cabeza de familia e non pode esquecer a promesa que lle fixo de casar con Clara. O sentido do deber de Daniel vai facer que se afaste cada vez máis do seu amor verdadeiro, Olalla. Prodúcese unha nova chegada ao hospital, o padre Bernardo (Carlos Blanco). O relixioso acode ao Hospital para substituír como capelán maior o padre Damián. O que ninguén sabe é que está ás ordes do fiscal inquisidor, Gaspar Somoza (Luís Zahera) e que a súa misión será conseguir que o administrador deixe o seu cargo. A irmá Úrsula continúa controlándoo todo. A chegada do novo capelán non lle agrada moito e non tarda en intentar buscar algo para ter o dominio sobre el. Ao que tamén se lle acumulan os problemas é a don Andrés. As loitas de poder e a presión que intenta exercer Mendoza sobre el para ocupar o cabido do hospital debilitarán a paciencia do administrador. Que Daniel e Sebastián teñen dúas formas diferentes de concibir a medicina xa se sabe. Dase un enfrontamento que fai que Daniel sexa despedido do Hospital Real.

  • S01E06 O libro

    • June 14, 2015
    • Televisión de Galicia

    O boticario do hospital ten as alforxas do seu pasado ben cargadas de escuridade. Ademais da súa adición, ten que afrontar outros problemas diante do seu amigo Daniel e dalgún membro máis do Hospital Real. Mendoza non deixa o seu empeño de facerse co Hospital Real e sabe que don Andrés axiña descubrirá as artimañas que el e Leopoldo facían na contabilidade. Para ter todo baixo o seu control, o alcalde ordénalle a Duarte que roube o libro de contas e o destrúa. Obedecerá Duarte as ordes de Mendoza? Dona Elvira intenta tomar o control da familia. Queda pouco para a voda de Daniel, pero as cousas complícanse un pouco máis, xa que ten a sospeita de que Rosalía é a amante do seu fillo, polo que ten que urdir un plan para desfacerse da enfermeira. Elvira recibe a visita dun prestamista da cidade que lle reclama unha importante débeda de seu marido. Irene Forner consegue novos provedores para o hospital, pero convida a don Andrés a que viaxe con ela ata a vila mariñeira e comprobe el mesmo a calidade do produto. Na viaxe, Irene e Andrés terán tempo para afianzar un pouco máis a súa amizade. Don Andrés está preocupado pola súa filla Clara e pídelle ao doutor Sebastián que intente curala. O médico pídelle axuda a un colega con experiencia no tratamento das enfermidades da alma.

  • S01E07 Abstinencia

    • June 21, 2015
    • Televisión de Galicia

    O Santo Oficio non deixa descanso no Hospital Real. Primeiro a detención do doutor Devesa e agora a do boticario, uns feitos que provocan que don Andrés teña un enfrontamento con Gaspar Somoza e co padre Bernardo. As loitas de poder por facerse co posto do cabido do Hospital Real están en xogo e todos buscan un xeito de desacreditar o administrador. O doutor Devesa e Daniel continúan investigando os asasinatos. Mendoza é consciente das pescudas dos doutores e non está disposto a que se acheguen a el, polo que lles ten que dar un xiro ás súas aspiracións e precisa de Duarte para que faga o traballo sucio e incrimine a Irene Forner nos asasinatos. Tras a desaparición do libro de contas, don Andrés só pode pensar que a irmá Úrsula é a culpable, xa que só el e a monxa teñen chave da caixa forte. O administrador vese na obriga de enfrontarse coa irmá Úrsula e quitarlle as chaves. A monxa non pode consentir esta acusación e decide vingarse de don Andrés facéndolle dano ao que máis quere: a súa filla. A detención de Cristóbal provoca que non teña acceso ao opio e enferma. O padre Bernardo decide sacalo do Santo Oficio e ingresalo no hospital. A síndrome de abstinencia do licenciado Vilar fai que a súa vida penda dun fío.

  • S01E08 Contra natura

    • June 28, 2015
    • Televisión de Galicia

    O administrador ten un enfrontamento co doutor Devesa polo tratamento da súa filla. Clara cada vez está peor e don Andrés considera que os doutores deben interrompelo. O cerco a Mendoza péchase e, grazas a unha xogada de Duarte, descobren que o alcalde está detrás das mortes, polo que don Andrés obrígao a devolver os cartos e deixar a cidade, algo que Mendoza non vai esquecer nin perdoarlle a Duarte. Chega o momento da vinganza de Rodrigo. Elvira volve estar contra as cordas, pero disposta a facer o que sexa para salvar a súa vida e continuar mantendo a posición social da familia Álvarez de Castro. Cristóbal continúa na enfermería do Hospital Real. O doutor Devesa pauta e administra as súas doses de opio, pero o boticario descobre que alguén máis sabe o seu segredo da adición: Rosalía. Cristóbal é consciente de que a enfermeira está namorada del e non quere que sufra, polo que intenta falar con ela para apartala do seu carón. A irmá Úrsula tampouco descansa en facerlles complicada a vida aos demais. Nesta ocasión, descobre un gran segredo do administrador e decide utilizalo ao seu favor. A monxa non perdoa que don Andrés a acusara de roubar o libro de contas do Hospital Real.

  • S01E09 Traizón

    • October 6, 2015
    • Televisión de Galicia

    Os membros do Hospital Real reciben a nova de que España entra en guerra con Francia, unha situación que fai que, por momentos, moitos deles teñan que deixar un pouco de lado os sentimentos de dor e amargura que provocou a morte de Clara nas súas vidas e ocuparse doutros asuntos máis inmediatos. O doutor Devesa e a don Daniel tratan un soldado ferido durante unhas prácticas de tiro. Un paciente que terá que enfrontarse non só á operación da súa ferida, senón tamén a un xuízo para esclarecer o accidente, xa que, en tempos de guerra, o exército non permite a traizón dun soldado.

  • S01E10 Miserere mei

    • October 13, 2015
    • Televisión de Galicia

    O doutor Devesa e o seu equipo queren demostrar diante de Gaspar e os demais membros da igrexa que a resurrección da filla do administrador ten unha clara explicación científica. A devandita investigación provoca que o arcebispo Malvar (Javier Gutiérrez) acuda a Santiago. O doutor Devesa ten ante si outro caso médico, que desta volta lle toca a súa faceta máis persoal. Un antigo amigo do doutor, do que hai moito tempo non tiña novas, ingresa no hospital e pouco poden facer por salvar a súa vida. Este caso esperta tales sentimentos no doutor Devesa que provoca certa preocupación entre os seus compañeiros, que por primeira vez ven a parte humana do doutor. O padre Bernardo decide volver investigar sobre o testamento do padre Damián, outro motivo máis para que o inquisidor Gaspar non lle guste o xeito de actuar do padre dentro do Hospital. A irmá Úrsula continúa cos subornos anónimos a don Andrés Osorio.

  • S01E11 Secuelas

    • October 20, 2015
    • Televisión de Galicia

    A marcha de Rebeca co seu home leva ó capitán Ulloa a tomar a decisión de botar, dunha vez por todas, a dona Elvira da súa casa se non paga a débeda en 24 horas. Un feito que provoca que Daniel se enfronte ao militar e tamén que Elvira se vexa na obriga de conseguir cartos como sexa e unirse por interese a quen sexa con tal de salvar a reputación da súa familia. A irmá Úrsula que parecía que ata o momento tiña todo e a todos controlados, tamén ten que facer novas alianzas. Nesta ocasión, o fiscal inquisidor ten contra as cordas á monxa e non dubida en utilizala no seu favor con tal de desfacerse do padre Bernardo. Gaspar xa está farto da desobediencia e dos desplantes do cura ante os demais membros do cabido.

  • S01E12 A vinganza

    • October 27, 2015
    • Televisión de Galicia

    O regreso de Mendoza a Santiago non é de agrado para ninguén, só para Elvira, que, coa nova alianza que ten con el, agarda poder acadar a posición social que tiña. Mendoza só quere atopar a vinganza perfecta para Andrés Osorio e así facerse co seu obxectivo e converterse no administrador do Hospital. A irmá Úrsula non se atopa moi ben. Todos notan que lle pasa algo pero ela intenta finxir, xa que non se pode permitir que a súa saúde estea en mans dos seus principais adversarios. O doutor Devesa, Alicia, as enfermeiras e Duarte teñen un motivo para vingarse da monxa e igual este é o momento oportuno para que pague pola súa maldade. O regreso de Mendoza tamén fai que chegue o momento de Duarte para vingarse do alcalde. Non quere continuar baixo as ordes de ninguén e comeza a preparar os seus plans de vinganza. O capitán Ulloa deixa o Hospital, xa que a súa lealdade ao exército nestes momentos de guerra pode máis que a súa saúde; a enfermeira Olalla segue sen dicirlle a seu pai que o compromiso con Daniel está anulado, e Irene Forner volve enfadar ó reverendo Gaspar polas súas ideas afrancesadas.

  • S01E13 Repulsión

    • November 3, 2015
    • Televisión de Galicia

    A dona Elvira parece que as cousas lle van mellor económicamente agora que ten un pacto con Mendoza. Pero para que as cousas lle sigan indo ben ten que cumprir co pactado, unha tarefa nada doada para a que ten que pedir axuda e colaboración á irmá Úrsula. A monxa non dubidará en axudala, pero a viúva tamén lle terá que devolver ese favor. As cousas no hospital complícanse, non só polos problemas que hai de abastecemento, senón tamén porque os doutores se enfrontan a un novo e difícil caso clínico. Os nenos orfos do hospital están morrendo e non saben as causas. O doutor Devesa e Daniel comezan a investigar sobre as causas das mortes dos bebés.

  • S01E14 O proscrito

    • November 10, 2015
    • Televisión de Galicia

    Os doutores continúan coa investigación das mortes dos bebés orfos, mentres que, despois de descubrir que a súa nai está viva, Clara séntese máis doída e traizoada que nunca. A guerra con Francia faise máis intensa e os primeiros grupos revolucionarios comezan a actuar na cidade. Olalla recibe a visita inesperada de seu irmán Breixo, un encontro que non fará máis que traerlle problemas á enfermeira. A Irene Forner as cousas tampouco lle van moi ben. A súa bondade fará que se vexa inmersa nun grave problema para ela. A situación na que se atopará a viúva de Cienfuegos viralle ben a certos membros do Cabido.

  • S01E15 Estoupido

    • November 17, 2015
    • Televisión de Galicia

    Todos os membros do Hospital Real serán pezas de xogo nos taboleiros das vinganzas de cada un deles. Desvelaránse segredos, haberá máis ameazas e reproches que nunca e tamén moita acción.