Home / Series / Método criminal / Aired Order /

All Seasons

Season 1

  • S01E01 As motivacións dos personaxes

    • January 31, 2021
    • Televisión de Galicia

    Damián Canosa medrou vendo as series da TVG. Ten o número 73 do Club Xabarín, aprendeu de memoria todos os diálogos de Miro Pereira e descubriu antes ca ninguén quen era o asasino de Mónica Triáns. Pero a ficción que o marcou de por vida foi “Matalobos”. Fan incondicional do actor Luís Iglesia, idolatra o personaxe de Carmelo. Cousa curiosa posto que non pode ser máis distinto ca el. Afable, apoucado, miñaxoia, alérxico á violencia... Adícase en corpo e alma ó negocio da familia. Ó negocio legal, claro: “TANATORIO CANOSA E FILLOS”. No tanatorio, é feliz porque pode sacarlle partido a esa empatía brutal que toda persoa á que se lle acaba de morrer un ser querido agradece. É tan feliz que ata é quen de esquecer que o tanatorio é unha tapadeira que emprega o seu pai pra lavar cartos. Sen embargo, a Damián non lle queda outra que facerse co negocio da familia, o ilegal: o narcotráfico. Pero non sabe. Ou non quere. O que el quere é que nada cambie: seguir cos seus mortiños, coas súas vellas choromicando... Pero só pode facer unha cousa: aceptar o cargo de xefe do clan e conseguir facerse respectar. Ten que buscar axuda rápido e ten que vir de fóra. De alguén que poida ensinarlle a ser un líder temido, respectado. Alguén carismático. Un tipo deses que cando entra nun bar todo o mundo cala. Alguén como... Carmelo Matalobos. O problema é que non existe. É unha personaxe de ficción. ¿Entón? Terá que conformarse con Luis Iglesia, o actor que lle deu vida. Se foi quen de construír a personaxe, será quen de ensinarlle a ser tan bravo como Carmelo. Agora, ten que convencer a Luis Iglesia pra que o axude. Que iso vai ser outro cantar.

  • S01E02 Oxalá fose unha broma

    • February 7, 2021
    • Televisión de Galicia

    Damián Canosa necesita a axuda de Luís Iglesia para que lle ensine a ser como Carmelo Matalobos e facerse respectar polos membros do seu clan. Ou polo menos esa era a súa intención cando secuestrou a Luís e o trasladou ata o tanatorio “Canosa e fillos”, a empresa legal da súa familia, a tapadeira perfecta coa que disimular os negocios “ilegais” do seu pai. E é que hai ben pouco que Damián tivo que poñerse á fronte do clan e dirixir os negocios escuros, algo para o que non estaba nin preparado nin tampouco desexaba. Damián estaba moi feliz atendendo o tanatorio. Pero o ataque que sufriu Telmo, o seu pai, precipitou o seu plan para marchar con Sofía, a súa muller, a un lugar onde ter unha vida máis tranquila, lonxe de mortos, pistolas e medo. Baixo ameaza de morte por saber demasiado, Damián viuse na obriga de ocupar o posto do seu pai e foi nese momento cando tivo a idea de aprender do mellor: Carmelo Matalobos, ou neste caso, do actor que o interpretaba na ficción. Sen recuperarse do susto e co medo metido no corpo, Luís verase na obriga de aceptar a petición de auxilio de Damián para convertelo no líder da súa banda ou, pola contra, seguir buscando traballo como actor e probar sorte no casting que lle conseguiu a súa representante. Aínda que, pensándoo mellor, o primeiro que ten que facer é fuxir o máis lonxe posible de Damián.

  • S01E03 En perigo de extinción

    • February 14, 2021
    • Televisión de Galicia

    Desde que Damián Canosa cruzouse na súa vida, a Luís Iglesia chóvenlle os problemas. Recapitulemos. Sofre un secuestro, o ameazan cunha pistola, danlle unha malleira, unha axente da UCO obrígao a colaborar con ela e, agora, mata por accidente ao sicario que intentaba acabar coa vida de Damián. Demasiada intensidade ata para un actor do talle de Luís, e que non tardará en pasarlle factura se non lle pon remedio o antes posible. Así que a primeira decisión que toma é non volver a saber nada de Damián Canosa nin do seu clan. Sen embargo, a súa intención verase interrompida cando Sara, a axente da UCO, lémbralle que ter que seguir colaborando con ela para darlles caza aos Canosa. Ao mesmo tempo, Luís terá que enfrontarse a outra oportunidade, a última, para facer o casting da serie sobre Roi Xordo, deixar ao equipo da produtora abraiado, e conseguir un papel que necesita máis que nunca. Pero Luís non foi o único que se veu superado pola situación. Damián tampouco tivo un comezo doado como líder do clan. En pouco tempo sobreviviu a tres intentos de asasinato, ten que identificar ao traidor que contratou os servizos do sicario e localizar a “mercancía” que desapareceu do almacén se non quere ter problemas cos seus socios. E todo iso sen deixar de lado a actividade do tanatorio. Estará preparado ou seguirá necesitando a axuda de Carmelo Matalobos?

  • S01E04 Spielberg non vai ser

    • February 21, 2021
    • Televisión de Galicia

  • S01E05 A importancia de chamarse Damián

    • February 28, 2021
    • Televisión de Galicia

  • S01E06 Madeira de heroe

    • March 7, 2021
    • Televisión de Galicia

  • S01E07 Plan B

    • March 14, 2021
    • Televisión de Galicia

  • S01E08 O animal que levas dentro

    • March 21, 2021
    • Televisión de Galicia

  • S01E09 Índice de risco

    • March 28, 2021
    • Televisión de Galicia

  • S01E10 Yupikayey

    • April 4, 2021
    • Televisión de Galicia

  • S01E11 A morte é un musical

    • April 11, 2021
    • Televisión de Galicia

  • S01E12 Bailade, malditos

    • April 18, 2021
    • Televisión de Galicia

  • S01E13 O que os diálogos non din

    • April 25, 2021
    • Televisión de Galicia

  • S01E14 A realidade sempre lle gaña á ficción

    • May 2, 2021
    • Televisión de Galicia

  • S01E15 Doutora Zhivago

    • May 9, 2021
    • Televisión de Galicia

  • S01E16 O actor e o personaxe

    • May 23, 2021
    • Televisión de Galicia

  • S01E17 Páxina en branco

    • May 30, 2021
    • Televisión de Galicia

  • S01E18 Amor e monstros

    • June 6, 2021
    • Televisión de Galicia

  • S01E19 Chumbimba

    • June 13, 2021
    • Televisión de Galicia

  • S01E20 Morrer ou non morrer

    • June 20, 2021
    • Televisión de Galicia